Primeira xuntanza de Lendo no Galiñeiro!

Hoxe comezamos unha nova andaina do noso club de lectura.

Despois dunha boa comida, fixemos a presentación dos novos compañeiros e compañeiras a través do que máis nos gusta facer: ler! Que libros nos gustan máis? Que libros recomendarías? Foron as preguntas que deron pé a un debate entre amantes da fantasía e amantes do realismo, entre amantes do misterio e da novela romántica adolescente.

Tralo debate, chegou o momento de descubrir a nosa primeira lectura: Cando sanguen os lobos de Adrián Gómez Ramos. Vendo só a portada pensamos sobre que podía tratar, e bastantes deron no cravo: unha novela de asasinatos. misterio, algo de fantasía...


e, sobre todo, unha novela de licantropía. Polo que nada mellor que xogar a "Homes lobo de Castronegro" para iniciarnos no mundo dos lobishomes! O mellor de hoxe, o noso narrador, micrófono en man, facendo que nos meteramos completamente na historia. Grazas Xabi!!



Comentarios

Popular