Cando sangren os lobos

Hoxe tivemos xuntanza para falar do noso primeiro libro no Club de lectura, Cando sangren lobos de Adrián Gómez Ramos.


Está gustando moito, unha novela con moito ritmo e cun personaxe que ten unha parte (ser lobishome) que non quere que ninguén coñeza... isto deunos para falar sobre se todo o mundo ten unha parte íntima que prefire non amosar aos demais.

Tras o faladoiro, empezamos a organizar os equipos para traballar en varios produtos sobre a novela. Finalmente decidimos facer dous collages creativos, un podcast e un stopmotion!

Na próxima xuntanza empezaremos a traballar e xa vos ensinaremos os resultados!







Comentarios

Popular