Convite informativo



Na semana do Día do libro inauguramos o noso “Convite informativo”. Este convite é unha proposta de traballo coa información a partir dunha selección de libros de non ficción.


Na nosa carta temos sete menús diferentes que degustaredes acompañados de diferentes libros de non ficción. Poderedes: 
  • facer unha viaxe polas "Augas galegas en movemento", 
  • coñecer as "Árboles científicas e literarias" de Galicia, 
  • percorrer os ceos coas nosas "Aves", 
  • descrubrir as "Cores do Universo", 
  • facer unha expedición histórica con "Marco Polo", 
  • reflexionar sobre a invasión dos "Plásticos" nas nosas vidas, 
  • iniciar unha ruta polas constelacións da man de "Perseo e as estrelas".

Comentarios

Popular