Reto lector

 





Hecho con Padlet

Comentarios

Susana Lorenzo dixo…
Golpes de Luz (de Ledicia Costas)
Maravilloso libro donde se tratan temas tan crudos y desafortunadamente tan de actualidad como el narcotráfico en Galicia y las enfermedades mentales derivadas de la edad y de la violencia de género. El título de esta novela tiene un doble sentido: los golpes del martillo de la protagonista y los momentos de lucidez de los que goza al recrear el pasado. Lectura altamente recomendable para todas las edades.
Anónimo dixo…
Boa tarde, quería participar no reto lector, xa teño o carne da biblioteca, pero como podo acceder aos libros?
Non son alumna son nai de alumno.
Un saúdo.
Anónimo dixo…
Grazas por compartir, xa teño ganas de lelo.
Belén dixo…
Unha estrela no vento (Ledicia Costas)
A historia devolveume a miña infancia ¿Quen de cativo non imaxinou unha voda de paxaros cando centos de estorniños surcaban o ceo? Tamén foi unha catarsis ós anos do instituto, a esas tardes de bar xogando o billar. Unha estrela no vento é unha historia de amizade e tamén de valentía na que Miguel experimenta unha serie de sucesos que van marcar para sempre a súa vida.
Belén dixo…
Mentira (Care Santos)
É unha historia, escrita en forma de carta, que xira ao redor de dous personaxes, Xenia e Eric, que se coñecen por intenet. A medida que se avanza na lectura van xurdindo cuestións como os perigos de internet, as desigualdades sociais, a lealdade levada ata o extremo e o amor como elemento restaurador e taboa de salvación para dous mozos con vidas tan distintas.
Beatriz Piñeiro dixo…
Filosofía en Viñetas (Michael F.Patton y Kevin Cannon)
Curiosa forma de acercarnos a la filosofía y conocer a los más destacados filosofos de la historia. ¡Hasta se puede explicar la inmortalidad desde un punto de vista filosófico...! Toda una sorpresa y muy recomendable.
Moitísimas grazas por participar no noso reto! Para buscar o libro que queres podes buscar no noso catálogo que aparece neste blog. Despois pídelle ao teu fillo que veña á biblioteca a por el. Para calquera dúbida escríbenos a biblioteca@iesvaladares.org
Belén dixo…
Regreso al Edén (Paco Roca)
Novela gráfica en la que el autor nos muestra las terribles secuelas que la postguerra dejó en la gente a la que le tocó vivirla. Lo hace a través de la figura de Antonia, una señora mayor que se encuentra en la etapa final de su vida, y los recuerdos que le trae una antigua fotografía familiar. Una historia triste y desgarradora.
Lectura muy recomendable que nos recuerda que hemos pasado por una Guerra Civil que lo único que nos ha aportado es dolor y miseria.
Anónimo dixo…
Atlas (Alba Cid)
É un poemario que afonda nas emocións a través dun percorrido por diferentes culturas e espazos xeográficos. A autora xoga co verso e co significado das palabras e pon a proba a imaxinación do lector.
Gustoume aínda que non é un poemario fácil de ler.

Popular