Viaxe pola nosa terra



” De falar, falarei coa terra.

Coa terra, con esa negra terra

Que cospe, como sangue no peito, primaveras”

escribía Manuel Rivas no poema “A negra terra”. Xesús Colazo, como Rivas, estableceu con nós un diálogo telúrico a través do seu libro e da súa conversa, porque para os dous a natureza fala. E por moito que San Martiño de Dumio lles dixese aos galegos e galegas hai xa moitos séculos que nin as pedras, nin as fontes, nin as árbores falan, os camiños que percorre Xoán Colazo neste libro si parecen falar. Berran as praias de Soesto e Traba, ouvean os lobos axustizados no Foxo de Coto de Eira, borboriña a charca do Alligal, cantan os carros das terras de Covelo, soan as chocas dos peliqueiros en Verín e soa o silencio longo en Chandrexa de Queixa.

Xoán Colazo escoita, escribe e berra. O seu libro é un abraio ante a natureza da nosa terra, mais tamén un lamento ante a desprotección e agresión á que a sometemos.

Grazas, Xoán. O teu abraio e o teu lamento prendeu en nós coa forza da terra!!!

Texto: Iolanda Rodríguez González

COLAZO PAZÓ, Xoán: Cento doce viaxes na miña terra, edit. Sermos Galiza

Comentarios

Popular