Traballamos nos produtos de Cando sanguen os lobos

Hoxe rematamos o faladoiro do libro Cando sangren os lobos. Falamos dos personaxes, de como nos podemos identificar con algúns deles...O final deixounos con ganas de máis e pensamos que é un final aberto que esconde unha nova historia...ou iso esperamos!

Tras a charla comezamos a traballar nos distintos produtos do libro:

Chloe, Jimena, Leire, Loaira e Adair prepararon unha listaxe da cancións coa temática do libro...


E despois fixeron o podcast cunha lectura de fragmentos da novela acompañada por unha das músicas escollidas de fondo.


Mariña, Noa e Irene fixeron os decorados para a elaboración do stopmotion


Mentres Ana, André, Xabi, Sandra e Alba creaban os personaxe do stopmotion con pezas de Lego!




Por último, Marieta, Manuela, Cintia, Leyla, Carmen, Raquel, Sara, Aroa, Naira e Érika, Candela e Noelia fixeron dous FanArt, carteis artísticos baseados na novela.





Á volta de Nadal teremos a xuntanza con Adrián Gómez, o escritor, e esperamos poder ensinarlle as nosas obras!


Comentarios

Popular