Xuntanza

Antes de rematar o trimestre o alumnado que forma parte do grupo de voluntariado xuntámonos para analizar o traballo realizado e planificar a seguinte avaliación. En primeiro lugar decidimos que deberíamos mellorar algunhas dinámicas. Despois puxémonos a traballar en grupos.

Tarefas do Sobreiral



Un grupo encargouse de facer un cartel sobre as tarefas que hai que levar a cabo en cada recreo. Cada equipo de apoio diario fará un reparto en cada recreo.

Distintivos das persoas voluntarias




O segundo grupo revisou os distintivos que teñen as persoas voluntarias e deseñou os que faltaban.


Revisión do funcionamento do espazo de videoxogos



O terceiro grupo revisou as normas do ordenador no que se pode xogar cos videoxogos. 
  • Farase un calendario mensual no que se especificará que videoxogos se poderán xogar. 
  • O alumnado que queira xogar deberá reservar cita.
  • Ao rematar o xogo deberán selar o seu carné.


Concienciación

Un dos problemas que detectamos é que, ás veces, o material da biblioteca está moi descolocado. Cremos que debemos concienciar ás persoas usuarias do traballo que hai detrás. Por iso no mes de xaneiro visitaremos as aulas para comunicarlle aos nosos compañeiros e compañeiras que necesitamos a súa colaboración. Fixemos un guión dos puntos que debemos comentar.

Peche



Rematamos a sesión poñendo en común o traballo realizado.


Tamén tivemos tempo para compartir doces de Nadal, falar, escoitar música e ata bailar.



Comentarios

Popular