Preparando o roteiro de Memoria do Silencio

A próxima semana visitaremos Ribadavia xunto co alumnado voluntario da Biblioteca escolar. Aproveitaremos para visitar a Biblioteca Municipal e tamén para facer o roteiro de Memoria do Silencio.




Baseándonos no material que hai xa feito na rede, cada equipo preparou unha parada para contarlle aos seus compañeiros voluntarios da Biblioteca que non están no club, cal é a historia do libro.




Quedounos un roteiro ben xeitoso! Que ganas de facelo a semana que vén!

Comentarios

Popular