Roteiro de Memoria do Silencio en Ribadavia
Este martes o Club de lectura e os axudantes da Biblioteca compartimos unha xornada en Ribadavia.
Pola mañá, o alumnado do Club de lectura foi amosando aos seus compañeiros e compañeiras axudantes a historia e os escenarios da novela que leron no Club de lectura, Memoria do Silencio de Eva Mejuto.
Paseamos polo barrio xudeu, lembrando a súa historia dende a Idade Media ata os campos de concentración. Contáronlles da rede clandestina que existía durante a II Guerra Mundial para lograr que os xudeus escapados de Alemaña chegasen á estación de Ribadavia buscando pórse a salvo en Portugal e da que participaron as irmás Touza: Lola, Amparo e Julia.
Tamén tivemos a sorte de parar na tafona de Herminia e falar un ratiño con ela.
Rematamos na casa das Touza e lemos esa alegación de Lola en favor da liberdade.
Tamén aproveitamos a xornada para coñecer a Biblioteca Municipal de Ribadavia. Temosq ue agradecer a Teresa,a súa bibliotecaria, e a Belinda que nos amosaron o espazo, a exposición bibliográfica sobre a Axenda 2030 e fixéronnos xogos e un contaconto.
Comentarios