Lendo no Galiñeiro na TVG!

Hoxe tiñamos a reunión final do noso club de lectura. Iamos presentar as novelas gráficas que cada un/unha elixira na anterior sesión con Andrea e compartir que nos parecera. Pero cunha chamada houbo cambio de guión, e nunca mellor dito!

Hoxe a nosa biblioteca transformouse nun plató no que volvimos falar de Memoria do silencio de Eva Mejuto, un dos libros que traballamos este curso, para o programa da TVG Léocho. Foi unha tarde de experiencias na que aprendemos como se monta o set e como grava un programa para a televisión. 




Xa o sabiamos pero no noso club temos verdadeiros animais televisivos! Que orgullo velos falar e debater sobre o libro como fan nas nosas sesións. O mellor deste club, dende logo, son os e as que forman parte del. Moitas grazas chicos e chicas por compartir con nós este curso, esperámosvos o que vén!





Comentarios

Popular