Novo libro de non ficción

Hoxe o alumnado de 1º ESO presentou  Desmontando la prehistoria, un libro de non ficción creado a partir da lectura de Hermano Lobo.

A presentación do acto foi levada a cabo por representantes dos catro grupos de 1º de ESO, unha das profesoras da tarefa e, como invitado, o autor do prólogo do noso libro e profesor de Historia do centro, Lucio Martínez. 


Un grupo de alumnas foron as encargadas do deseño da cartelería que decorou a presentación na Aula Magna do centro.

En grupos de dous ou tres persoas, o alumnado explicou cada fase do proceso de elaboración do libro ao resto de alumnado de 1º de ESO, as súas familias e profesores do centro. O primeiro grupo presentou o libro Hermano Lobo, o seguinte explicou como traballamos integrando as tres materias xuntas e logo foron contando que traballamos en Lingua castelá, en Matemáticas e en Historia. Despois pasouse a comentar o traballo de elaboración do libro, o proceso de edición, maquetación e, por último, a revisión e corrección final do libro. A continuación, un alumno explicou a orixe do título do noso libro informativo, Desmontando a Prehistoria e varias alumnas deron a súa opinión sobre a novela. Pechou o acto un alumno que leu todos os títulos posteriores a Hermano Lobo e que forman as Crónicas da Prehistoria de Michelle Paver e que animou ao auditorio a continuar con estas lecturas.


Grazas a todas as persoas que nos acompañaron!


Comentarios

Popular