Concurso de microrrelatos no Samaín


 Este mércores celebramos o Samaín no centro e a biblioteca foi un non parar!

Comezamos o día cun concurso de microrrelatos organizados co Equipo de Dinamización da Lingua Galega. O microrrelato, cunha extensión máxima de 250 palabras, tiña que ter como protagonista un ou máis seres míticos galegos.


O relato tiña que escribirse de maneira presencial na biblioteca así que ás 9 da mañá comezaron a chegar os escritores e escritoras, que tiñan ata as 10:25 para entregar o seu relato.




Agora estes relatos xa están nas mans do xurado...Nas próximas semanas descubriremos quen se leva o premio!!

Comentarios

Popular