Patrullas lectoras polo 25 N
Nesta semana saíron as patrullas lecturas formadas por alumnado do Club de Diversidade e do Club de Escoita para ler e comentar co alumnado da ESO varios textos.
Por unha banda explicaron por que se celebra o 25 de novembro o Día internacional contra a violencia de xénero. Ademais tamén explicaron que son os micromachismos, base da escaleira da violencia contra as mulleres e tema traballado dende as titorías este curso.
Para ver se estaban ben atentos e atentas, remataron cunhas preguntas para que detectasen micromachismos e os e as que acertaron levaron un pequeno detalle de premio (adhesivos e pulseiras)!
Moitas grazas ás nosas patrullas lectoras polo seu traballo e dedicación! Que sorte temos de contar sempre con vós!
Comentarios