Xulia Alonso no IES Valadares

Este último luns de curso tivemos a primeira sesión do Club de lectura de adultos co libro Futuro Imperfecto. 

 A nosa coordinadora, Iolanda Rodríguez agasállanos estas verbas sobre a lectura.

Dicía Manuel Rivas que se traballas coas palabras, como te vas  desentender  diso  que  as  palabras  nomean.  A  palabra  é  a pulsión  do  desexo  fronte  á  morte,  fronte  á  pulsión  destrutiva.A novela de Xulia Alonso: Futuro imperfecto, malia non poder evitar a morte,ten o poder de facernos sentir que podemos contribuír coa  súa  lectura  e  a  autora,  coa  súa  escrita,  a  afrontala e a ser memoria  daqueles  e  daquelas  que  habitan  en  nós. O  oficio  da literatura,  dicía  tamén  Rivas,  é unha  ferramenta para  compartir. Xulia  Alonso  quixo  “compartir”,coa   súa   filla,    coas   súas devanceiras e con nós, porque a literatura ten ese gran poder: a posibilidade  de  compartir,  fóra  do  tempo  e  fóra  do  espazo  de quen un día escribe a historia máis importante da súa vida ou de quen constrúe esa historia unha vez que a escribe. 

Xulia  Alonso  estivo  no  IES  Valadares  e  transmitiunos  o desexo  de  que  o  seu  libro  fose  a  voz  que  lle  falase  á  xente  nova dos  perigos  reais  da  heroína, do  que  a  súa  xeración  sufriu pola SIDA  e  dos  efectos  desta  que  aínda  perviven, da  importancia  da sanidade pública e de que aínda hoxe segue tendo o seu grande amor, Nico, intacto na memoria.Un  pracer,  Xulia, a túa presenza e  as túas  palabras.  

Un pracer, tamén, a participación das nais, profesoras e persoal non-docente no noso Club de lectura de persoas adultas.

Comentarios

Popular