Saída á Biblioteca Pública Neira Vilas
A formación de usuarios e usuarias é moi importante para nós, como tamén o é tecer redes con outras bibliotecas. Neste caso coa Biblioteca Pública Neira Vilas que sempre nos acolle para dar unha sesión de formación ao alumnado de 1º de ESO.
Este ano aprenderon sobre como se fan os libros e quedaron encantados e encantadas coa proposta! Moitas grazas! Vémonos o ano que vén!
Comentarios