Visita de Andrea (libraría Libraida)
Este luns no noso club de lectura tivemos unha convidada moi especial. Andrea, da libraría Libraida, acompañounos nesta sesión para recomendarnos libros de banda deseñada, algúns procedentes da nosa biblioteca e outros que formarán seguro parte da nosa colección.
Ao final da sesión, cada un dos integrantes do club tivo que escoller un libro. Andrea fíxoo tan ben que daban ganas de collelos todos!
Moitas grazas a Andrea polo seu coñecemento, a súa cercanía e a súa paixón contaxiosa pola lectura. Quedamos emprazados para facervos unha visita o 9 de xuño.
Comentarios