Despedida do club de lectura

 O luns 9 de xuño tivemos unha xornada moi especial para des pedir o noso club de lectura. Empezamos por Bouzas, en concreto en In legatum sport club. A nosa intención era ter un primeiro contacto co mundo do boxeo e entender algo mellor a Ceci, a protagonista de Furia, pero ademais nos agasallaron cunha estupenda sesión de entrenamento. Moitas grazas a todos pola paciencia e a boa acollida!





Completamos a mañá na libraría Libraida, en Gondomar. Ali recibiunos Aida, quen nos asesorou a axudou a atopar libros que adquirimos para a nosa biblioteca. 






Para rematar a xornada, visitamos a Asociación Espazo Lectura, no que nos comentaron as interesantes iniciativas e actividades desenvolvidas. 






Con este marabilloso día de convivencia rematamos as sesións do club de lectura. Agardamos veros a todas e todos de novo o curso que ven.
Bo verán!

Comentarios

Popular