Saída do Club de Escoita ao CEIP Sobreira
O noso Club de Escoita estivo traballando a reo para preparar as lecturas para ir ler á rapazada do CEIP Sobreira Valadares. Leron A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza de Werner Holzwarth e Wolf Erlbruch, Cándido de Fran Pintadera e Christian Inaraja, Sete dentes de León de Ledicia Costas e Una caperucita roja de Marjolaine Leray.
Fixeron as súas lecturas cos xogos asociados que encantaron a cativada!
Mil grazas ao equipo de Infantil do CEIP Sobreira que sempre nos acolle tan ben!
Comentarios