O pasado 18 de decembro o club de escoita acudiu a varios centros de Valadares para compartir contos de Nadal con cativos e maiores. Algúns dos contos escollidos foron
La magia del inverno,
Os tres reis de Oriente,
A mellor sopa do mundo ou
Olivia recibe la Navidad.
Na Galiña azúl agardábanos un grupo de mulleres do centro de maiores, que nos contaron unha fábula que a ellas lles gosta moito sobre un pai, un fillo e un burro. Escoitamos o seu conto para o cativos da galiña azúl, Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis e compartimos con elas a lectura de Os tres reis de Oriente.
A rapazada no noso club tamén organizou varias actividades e xogos para os cativos. Fixeron un traballo estupendo e pasámolo de marabilla!
Moitas grazas aos centros pola estupenda acollida. Xa temos ganas de que chegue a próxima saída!
Comentarios