Comeza o Reto Lector 2026
Dende o equipo da Biblioteca poñemos en marcha unha vez máis, o Reto Lector, unha proposta para gozar da lectura dun xeito compartido, lúdico e motivador, que este ano chega con algunhas novidades.
Información principal do Reto Lector
Quen pode participar?
Toda a comunidade educativa: alumnado, familias, profesorado e persoal do centro. Ler é cousa de todas e todos.Como podo participar?
Recolle o teu carné lector na biblioteca e comeza o reto. Consulta as bases para coñecer os pasos desta carreira lectora.Que podo ler? Terás que ler un libro de cada un destes xéneros.
Cómic ou álbum ilustrado
Novela en galego
Libro de non ficción
Teatro ou poesía
Un libro nunha lingua estranxeira.
Podes collelos na biblioteca do centro ou acceder a eles a través da plataforma E-LBE 2.0.
Haberá suxestións de lectura?
Si. Na biblioteca atoparás un espazo especial de recomendacións: o andén “Libros pensados para ti”, con lecturas variadas, actuais e para todos os gustos.Que fago cando remato un libro?
Para selar o teu carné deberás compartir unha breve reseña literaria, que pode realizarse en diferentes formatos, segundo a túa idade e preferencias:texto escrito
audio
vídeo
debuxo
As reseñas poderán subirse ao Padlet dispoñible no blog da biblioteca ou realizarse nas tarxetas de reseña dispoñibles na biblioteca, que pasarán a formar parte da nosa biografía lectora colectiva. Unha vez feita a reseña, o equipo da biblioteca, o profesorado ou o alumnado axudante selarán o teu carné.
Como consigo o meu contrasinal de E-LBE 2.0?
Só tes que pasar pola biblioteca para solicitalo.
O Reto Lector non é unha competición, senón unha invitación a descubrir e compartir lecturas e construír, entre todas e todos, un espazo lector vivo no centro.
Animádevos a participar!
Bases do concurso



Comentarios