Semana da poesía

Durante a semana do 23 ao 27 de marzo, celebramos a Semana da Poesía con diferentes actividades. Abrimos de novo o micro para realizar recitacións de poemas, tanto de autores e autoras da literatura como creacións do noso alumnado.



Por outra banda, levamos a cabo obradoiros de poesía en diferentes cursos, cuxos resultados quedaron expostos na nosa biblioteca. Foi unha semana moi intensa, na que o xénero poético cobrou protagonismo. Entre nós hai grandes poetas e poetisas… que non deixen de escribir! 

 

Para rematar esta publicación deixámosvos unha recitación moi especial de Cloe, unha alumna de 3º da ESO, que pechou esta semana da poesía dun xeito extraordinario.






Comentarios

Popular