Vanguardias e biblioteca creativa



No espazo de Biblioteca Creativa, o alumnado de 4º da ESO participou nunha actividade interdisciplinar centrada no estudo das vangardas artísticas e literarias do século XX. O traballo desenvolveuse mediante grupos cooperativos, favorecendo a participación activa, o intercambio de ideas e a aprendizaxe compartida entre iguais.

Ao longo das sesións, os distintos grupos investigaron os principais movementos vangardistas —como o cubismo, o surrealismo, o futurismo, o dadaísmo ou o expresionismo—, afondando nas súas características máis destacadas, nos autores e artistas máis representativos e nalgunhas das obras fundamentais de cada corrente. A través de dinámicas de busca de información, análise de textos e imaxes e exposición oral das conclusións, o alumnado puido comprender como estas vangardas romperon cos modelos tradicionais da arte e da literatura, introducindo novas formas de expresión e unha visión innovadora da creación artística.

Como peche da actividade, cada grupo cooperativo elaborou unha obra orixinal inspirada nunha das vangardas estudadas. Nesta creación debían aplicar as técnicas, recursos e características propias do movemento escollido, poñendo en práctica os coñecementos adquiridos e desenvolvendo a súa creatividade. O resultado final foi unha mostra de traballos moi variados e persoais que puxeron de manifesto tanto o proceso de aprendizaxe compartida como a capacidade artística e expresiva do alumnado.

Actualmente, estas creacións atópanse expostas na biblioteca do centro para que poidan ser visitadas e apreciadas polo resto da comunidade educativa do IES, convertendo este espazo nun lugar de difusión cultural e recoñecemento do traballo realizado polo alumnado.

Comentarios

Popular