Ultima conversa sobre "Matar a un ruiseñor"
Por fin chegamos ao desenlace do noso libro! A parte final, especialmente o xuízo, provocou unha interesante conversa sobre a desigualdade, a violencia sexual e o papel da xustiza. Tamén tivemos diferentes opinións sobre o significado do título e quen é o ruiseñor ao que se fai referencia. E claro, tamén comentamos o final e a conclusión de que, como di Scout, neses veráns aprenderon máis do que a escola pode ensinar ("excepto, posiblemente, álxebra")



Comentarios