Agasallo cultural: reto lector 2026

Despedimos este curso 2025-2026 cun agasallo cultural no que participaron todas aquelas persoas que conseguiron superar o Reto Lector, así como o alumnado axudante da biblioteca e Clubs de Lectura xunto coas súas familias.

A xornada comezou cun momento de convivencia no espazo natural do IES, onde compartimos un xantar ao aire libre. Máis tarde, subimos á biblioteca para desfrutar dunha deliciosa mesa de doces, preparada para poñer un toque doce á celebración.


Pouco a pouco foron chegando as familias do alumnado, coas que realizamos unha visita guiada polos distintos espazos da biblioteca, amosándolles os seus recursos, servizos e as múltiples posibilidades que ofrece como lugar de encontro, aprendizaxe e lecer.

Como broche final, tivemos a sorte de contar con Andrea, especialista en xogos de mesa de Monster Factory, a nosa tenda de referencia en Navia. Da súa man gozamos dunha fantástica tarde de xogos, organizada en diferentes estacións, nas que puidemos descubrir e experimentar unha gran variedade de xogos educativos e cooperativos.




Foi unha magnífica maneira de pechar o curso: compartindo tempo, aprendizaxes, risas e momentos inesquecibles arredor da lectura, dos xogos e da biblioteca. Grazas a todas as persoas que fixestes posible esta xornada tan especial!


Comentarios