Biblioteca creativa: seres vivos do Sobreiral
Durante estas últimas semanas, a biblioteca acolleu unha actividade co alumnado de 1º da ESO vencellada ao estudo dos seres vivos.
Nesta proposta, o alumnado partiu dos libros informativos da biblioteca para escoller e investigar un animal, unha planta ou un fungo. A partir da información recollida, transformouna en coñecemento elaborando pequenos guións de radio, traballando así a lectura, a escritura, a investigación e a expresión oral.
Ademais, reutilizaron tapas de botes de cristal para crear chapas informativas decoradas, convertendo materiais de refugallo nun recurso creativo. Como resultado, prepararon unha pequena exposición cos seres vivos investigados, compartindo co resto da comunidade educativa o seu traballo e as súas aprendizaxes.
Aquí vos deixamos algunhas das súas creacións.
.jpg)

Comentarios