Novidades na colección
A colección segue medrando!
A nosa biblioteca continúa medrando con novas incorporacións pensadas para todos os gustos e idades. Nestes últimos días de clase, o equipo da biblioteca está a catalogar e colocar nas estanterías unha selección de novos libros adquiridos grazas aos fondos do PLAMBE, do Club de Lectura e ao premio de Traballo por Proxectos.
Seguimos a traballar para mellorar a nosa colección de libros de non ficción en galego, incorporar novas temáticas de interese para o alumnado e ampliar o fondo noutras linguas, como o inglés e o portugués.
Animámosvos a achegarvos o próximo curso para descubrir todas estas novidades e atopar novas lecturas que vos acompañen ao longo do ano. Aquí podedes ver algunhas imaxes destes novos exemplares.
.jpg)

Comentarios