Rematando o curso!
O curso 2025/2026 está a piques de rematar. Nestes días, xunto co equipo de axudantes da biblioteca, aproveitamos para realizar tarefas de organización e limpeza co obxectivo de deixar a biblioteca lista para abrir de novo as súas portas o vindeiro curso.
Son xornadas nas que xorden moitas conversas, compartimos risas e tamén desfrutamos de momentos de relaxación, nos que a música en directo se converte na gran protagonista.
Sumamos un curso máis de experiencias, aprendizaxes e momentos compartidos na nosa biblioteca O Sobreiral.
.jpg)

Comentarios