Club de reporteiros e reporteiras

Esta ano contamos cun Club de reporteiros e reporteiras intrépidos que se reúnen os luns ao mediodía na biblioteca. Están a investigar e a traballar as redes sociais e os medios de comunicación. Afondarán na importancia de saber comunicar e compartir información. Buscarán a inspiración nas lecturas.


Comezamos lendo e seleccionando poemas para acompañar as fotos que subimos á conta de Instagram do Sobreiral.
 

Queremos aprender e contaxiar un uso responsable das redes.


E fixemos una pequena reportaxe dos demais clubs que teñen lugar no instituto os luns ao mediodía: club de matemáticas avanzadas, club de ciencias e club de manga.



Estades moi atentos porque daremos moito que falar...

Comentarios