Fontes orais

Hoxe tivemos a sorte de compartir a sesión de ITI con Stephanie, profesora de Isla Reunión que nos está a acompañar estes días. Explicámoslle como traballamos nesta materia, que facemos e como. E aprendemos unha boa lección: a información tamén a podemos buscar nas fontes orais. 


Compartiu con nós información sobre a súa illa: costumes, comidas, historia... E falounos na súa lingua: o criollo.

Un luxo poder compartir esta experiencia!

Comentarios