Hoxe é o noso día



Hoxe é o noso día, o Día da Biblioteca no Calendario do Libro e da Lectura que todos os anos vén publicando a Xunta de Galicia. Nós podemos celebralo porque no centro temos unha BIBLIOTECA ESCOLAR!


O alumnado de ITI foi o encargado de felicitar este día ao persoal do centro, a profesorado e a alumnado. E fixo unha pegada de carteis polo instituto.



POR QUE ESTE DÍA?
Fai vinte anos a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil y Juvenil propuxo a celebración deste día. O Ministerio de Cultura edita todos os anos un cartel conmemorativo e un pregón, e propón actividades para a súa celebración; por exemplo, a través do Observatorio de la Lectura y el Libro. A Consellería de Educación tamén edita un cartel acompañado dun lema para celebrar este día.Este ano foi interpretado pola ilustradora Nuria Díaz co lema POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR.

PARABÉNS E FELIZ DÍA a todos os usuarios do Sobreiral!



Comentarios