Lecturas de medo



Hoxe comezou o Club de Escoita, un club moi especial onde só tes que escoitar e gozar das lecturas dos teus compañeiors/as.


Un grupo de alumnos e alumnas de 4º ESO compartiron LECTURAS DE MEDO cos seus compañeiros de 1º ESO. Deste xeito tan terrorífico déronlle a benvida ao novo centro.

Que leron? 
Coñeceron por que se celebra esta festa e escoitaron lendas galegas de medo.


Como?
Os rapaces e as rapazas de 4º ESO vestíronse para a ocasión. 
Escolleron os mellores modelos...


 percorreron os corredores con velas ao ritmo dunha campá que os guiaba...


 coma se de ánimas se tratase...


 E remataron xogando xuntos,
buscando palabras relacionadas co Samaín nunha sopa de letras...


e comendo caramelos.



Grazas ao alumnado de 4º por LER, ao alumnado de 1º por ESCOITAR.
Grazas a Montse e a Auxi por guialos.


Comentarios