Na procura de expertos I

Hoxe comezamos as sesións para formar aos novos usuarios da biblioteca, o alumnado de 1ºESO. Desta vez tocoulle ao nenos e nenas de 1ºA e 1ºD. Na primeira parte da sesión fixemos unha visita guiada coñecendo as seccións e os recunchos da nosa biblioteca. Despois puxemos en práctica o aprendido participando nunha caza do tesouro: cinco preguntas e a pegunta final.

 Contestaron as catro preguntas sobre información esencial da biblioteca: 
espazos, etiquetas dos libros, actividades...

.

  Buscaron a información necesaria na rede e na biblioteca...

Fixeron fotos para a súa campaña publicitaria...


E, finalmente, recibiron o seu carné de usuarios da biblioteca.

Alumnado de 1ºA
Alumnado de 1ºD

Comentarios