En todas pARTES

O alumnado do Club de reporteiros/as do noso centro creou este vídeo para amosar a exposición permanente de obras de arte do noso instituto. 


Preséntase hoxe nas Xornadas Compartindo experiencias educativas en secundaria organizadas polo CFR de Vigo. Profesorado de secundaria coñecerá os proxectos artísticos do noso centro levados a cabo durante todos estes anos; e será Eva, profesora de plástica, a encargada de presentalos.


Estas manifestacións artísticas tamén chegan ao Sobreiral onde loce o mural deseñado polo alumnado de plástica coa Sobreira que preside a biblioteca.

Un pracer poder compartir a nosa experiencia e o traballo do noso alumnado.

Comentarios