Recreos de reto

Dende que comezou o curso o Espazo de Xogos estase ampliando e modificando pouco a pouco. Neste recuncho da biblioteca van xurdindo cada semana novas propostas para argallar e fedellar facendo recreos diferentes. O obxectivo é crear un espazo para compartir xogos, afeccións, tempos...
A biblioteca fáisenos pequena para ler, traballar, investigar, xogar, trebellar... Na entrada temos o noso recuncho de xogos que pouco a pouco estalle a espallar polo centro. O vestíbulo convértese no recreo nun espazo para levar a cabo estes retos.



Cada un destes retos xorde grazas a colaboración de alumnado do centro.
Yeray, Uxío e Iago  
son os encargados de manter en orde as pezas de xadrez 
e arbitrar os torneos.  
Pablo, o noso experto en cubos de rubik, 
está a aprender a os seus compañeiros. 
Liu e Alberto 
son os encargados de xestionar os novos xogos.
O alumnado do Club de matemáticas 
está a deseñar retos que moi pronto coñeceremos.

SIMPLEMENTE, 
GRAZAS!

Comentarios