Estreamos o Telexornal



A punto de coller vacacións, os usuarios da nosa biblioteca puideron gozar do estreno do Primeiro Telexornal creado polo alumnado do Club de reporteiros e reporteiras do noso centro. Este club ten como obxectivo informar do que acontece no instituto utilizando diferentes medios de comunicación. Desta vez as noticias centráronse nas novas actividades que se están a levar a cabo na biblioteca.


Hoxe quiseron compartir cos seus compañeiros e compañeiras o resultado do seu traballo, estrearon o Primeiro Telexornal no recreo. Antes de comezar crearon expectación con catro minutos de anuncios que amosaron outros traballos deles feitos neste trimestre.


O éxito foi absoluto, 
a biblioteca quedouse pequena para acoller a todo o alumnado e profesorado 
que pasou no recreo polo Sobreiral.


  

Moitas grazas a todo o público por acodir a esta cita!
Parabéns a todo o Club de reporteiros/as polo seu traballo!

Comentarios

  1. Me comenta un pajarito que al estreno acudieron 118 alumnos y 5 profesores.

    ResponderEliminar
  2. Unha puntualización... Había sete profesores... Non había espazo para máis público

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por compartir as túas palabras neste sobreiral.