Ler, escribir e compartir

Durante estes meses o alumnado de 2º ESO e os integrantes do club de lectura estiveron lendo a Carlos Negro. Mañá compartiremos con el unha sesión e un xantar literario cos lectores do club.


E temos unha pequena sorpresa para el: os nosos CHANZOS POÉTICOS, que forman parte da posta en escena do noso proxecto EU PROTESTO. Os nosos chanzos defenden a igualdade.

Estes días na biblioteca, durante os recreos, 
estivemos lendo e escribindo poemas de Carlos Negro,
que pegamos nas escaleiras que baixan ao patio.

Grazas por LER, ESCRIBIR e COMPARTIR!



Comentarios