XUNTANZA TUITAKU



O luns 4 de febreiro o club de manga do IES Valadares, os Manganiakos, acudimos a unha xuntanza no IES San Paio de Tui. Reunímonos alí uns 140 rapaces e rapazas dos IES da Paralaia (Moaña), Indalecio Pérez Tizón (Tui) e Álvaro Cunqueiro (Vigo). 


O día comezou coa charla inaugural de María Vilar, de Clases Comic Vigo, que nos falou da súa paixón pola arte do debuxo e a ilustración. 


E logo xa non paramos de xogar en toda a mañá: houbo kahoot, partidas de Homes Lobo, Breakout con temática manga, xogos de mesa, partidas de Mario Kart, de Adivina o Opening, concurso de debuxo, charlas do alumnado de Tui… E todo perfectamente organizado pola rapazada do Tuitaku. Pola tarde houbo concurso de Cosplay e Talentos. 




E regresamos cun premio para a casa: ¡as gañadoras do concurso de talentos foron as nosas Alba e Casandra!


Un día cheo de emocións, encontros e aprendizaxe. 
Oxalá veñan moitos máis así.


RESUMO DA I COMIC-CON TUITAKU FEITO POLO IES SAN PAIO

RESUMO DA XUNTANZA FEITO POLO IES A PARALAIA



Comentarios