Benvidos e benvidas!



Esta mañá abrimos as portas do noso centro. Recibimos a visita dos compañeiros de 5º e 6º de primaria do CEIP Sobreira. Ademais convidamos aos pais e nais do noso alumnado para que coñecese o traballo que estivemos a facer durante estes meses.


Primeiro fixemos unha visita guiada pola exposición para amosarlles as diferentes propostas que traballamos: a PROTESTA polas agresións ambientais, polo inxunto, polo invisible e polas discriminacións.


A sección estrela desta exposición é a que recolle as recreacións que fixemos de diferentes obras pictóricas.
Rematamos a sesión co obradoiro de papiroflexia. 


Foi unha sesión moi especial que disfrutamos pequenos e maiores.
Grazas aos compañeiros/as de Sobreira por compartir esta xornada con nós.
Grazas aos pais e nais que se achegaron hoxe a coñecer o noso traballo.

Comentarios