Un peche moi especial

Despois das charlas sobre os cómics protesta, o alumnado de 4º ESO agasallounos cun concerto no que a canción protesta cobrou protagonismo. No auditorio da entrada do centro, pequenos e maiores gozamos da música e do obradoiro dirixido por Anran, alumna de 3º PMAR, que xunto aos sesu compañeiros e ao alumnado de valores de 3º ESO axudáronnos a crear as nosas grullas de papel. Obradoiro gravado en directo polo noso cámara e director do club de reporteiros, Alberto. A protesta remata con tintes de esperanza e de paz despois de coñecer a historia de Sadako da man de Alba.



Un día para COMPARTIR...
Compartimos o aprendido durante estes meses, 
compartimos notas musicais que reivindican protesta,
compartimos tempo e ilusión para crear as nosas grullas de papel.



Un broche final para un proxecto no que traballamos durante estes meses con entusiasmo.
Unha actividade na que o alumnado do instituto foi o protagonista: conferenciantes das charlas, músicos/as do concerto, presentadora do acto, monitores/as do obradoiro, cámara e participantes das charlas e dos obradoiros.
GRAZAS aos que nos guiaron!
.
UN PECHE MOI ESPECIAL

Comentarios