Non somos os mesmos

O mellor momento de ler un libro é o instante no que compartes con outros lectores impresións, comentarios, opinións... A nosa última lectura deste curso deunos moito de que falar, e anédotas que contar, houbo quen desvelou o final adverso aos demais nunha conversa no corredor.

 
Esta obra non nos deixou indiferentes. 


Depois de ler a última folla non volvemos ver o mar e as medusas do memos modo.


Despois de conversar coa súa autora veremos con outros ollos as tráxicas noticias que reflicten a dor de todas aquelas persoas que sofren acoso, na súa vida diaria ou na rede.

 Grazas, Ledicia, 
por compartir con nós unha das nosas xuntanzas, 
por desvelarnos confidencias e axudarnos a ver o mundo con outros ollos.


Grazas por contar estas historias! 
 Aquí estarmos para lelas!

Comentarios

Popular