Axúdame! Axúdoche!

Nas Páxinas amarelas da compañía telefónica atópanse listas de persoas ou empresas que presentan un servizo (restaurantes, transportistas, imprentas, tendas de mobles, concesionarios de coche. Imos confeccionar a nosa versión das Páxinas amarelas da biblioteca. 


Queres axudar? Necesitas axuda? 

Podes poñer o teu anuncio sobre algo que che gustaría aprender aos teus compañeiros e compañeiras ou que che gustaría aprender deles (xogos, contar historias, debuxar, contar historias, utilizar unha aplicación…).

Na biblioteca, nos recreos, faranse obradoiros nos que se compartirá espazo, tempo e coñecementos. Contamos contigo?

Comentarios

Popular