Protagonistas


Son os/as protagonistas desta historia. Este grupo de alumnado do instituto representou a todos os seus compañeiros e compañeiras na inauguración da súa biblioteca. Mais detrás da preparación deste acto había moito traballo da rapazada do noso instituto.


As galletas que comemos ao finalizar foron elaboradas polos 115 alumnos e alumnas de 1ºESO. É o produto final da súa tarefa interdisciplinar. As súas galletas teñen forma de sobreira grazas ao deseño na impresora 3D dos rapaces e rapazas de 4º de tecnoloxía.


As chapas que levaron todos os convidados/as foron creadas no espazo creativo polo alumnado de 3º PMAR.

A tarima que nos serviu de escenario foi deseñada e creada polo alumnado de plástica de 4º ESO.

O programa de radio en directo foi emitido polo alumnado de 2º PMAR que traballaron previamente nos dous ámbitos, lingüístico e científico.
 Os guías foron os axudantes da biblioteca que estiveron acompañados de alumnado do club de lectura, do club de letras, de excelencia lingüística e excelencia matemática.

Grazas polo voso traballo e a vosa ilusión!

Comentarios