Lemos no Galiñeiro

Hoxe era o gran día. Todo o instituto de Valadares íamos subir ao Galiñeiro, unha das cumbres máis altas da zona, un balcón de toda a área metropolitana de Vigo, do Val Miñor, do Val do Louro e do Océano Atlantico.

O Pico do Galiñeiro é o primeiro que vemos á saída do noso instituto, parece que nos está a vixiar cada vez que poñemos unha pé fóra. Preside a entrada do noso centro nesta versión da Noite estrelada creada polo alumnado de plástica. E dá nome ao noso club de lectura.




Hoxe sería unha xornada de convivencia, de deporte, de descubrimento, de lectura... Fariamos a ruta xuntos e diferentes actividades en grupos: visitaríamos o petróglifos de Agua da Laxe, descubriríamos diferentes rochas... E, por último, fariamos honor ao noso club de lectura e LENDO NO GALIÑEIRO.

Disfrutemos hoxe da lectura dende a distancia.

Biografía dunha folla


Agromou a folla. Naceu
para ollar con asombro
ao universo e para
clarificar á Primavera.
Escoitou a música
enfebrecida e delicada
dos paxaros. Tremeu
de desexo e de paixón
cos agarimos mainos
e sutís da brisa
recendente e invisíbel.
Contemplou enviso 
a máxica floración
de todo canto existe.
Deuse ao estío.
Ao chegar o Outono
desprendeuse da árbore
que a ataba e, sen máis, 
botouse mundo adiante.

Oráculos para cavaliños do demo (1986)


Comentarios