Semana cultural 2020
O día 30 de marzo comezaría a Semana Cultural do IES Valadares, unha semana onde se da cita á cultura, á ciencia, ás humanidades, á diversidade, á colaboración, á convivencia, á poesía, ao intercambio de ideas, á aprendizaxe...
Foron moitos os días de traballo colaborativo para poder encaixar as pezas deste puzzle. Por iso hoxe queremos compartir con vós a programación deste ano. Un programa cheo de música, cine, charlas, obradoiros e saídas...
Grazas a todas as persoas que nos ían acompañar nesta aventura por aceptar a nosa invitación. Grazas aos centros educativos, á universiade, as ONGs, as asociacións, aos persoeiros expertos/as en diferentes temáticas, ao alumnado egresado...

Grazas tamén ao alumnado do IES Valadares que estaba a preparar a Feira do Coñecemento do venres día 3 de abril. Un día dedicado a amosar o que sabemos facer, a aprenderlles aos demais o que aprendemos nós, a compartir coñecemento: experimentos científicos, probas de robótica, trucos de maxia, baile, talleres de radio e de fotografía, deseño gráfico, impresión 3D...
Ademais nesta semana sería o momento de coñecer os produtos finais do noso proxecto INVISIBLE AOS OLLOS: as propostas do club de letras, os xogos creados en valores como xeito de potenciar a integración, as guías de viaxe do alumnado de 4º ESO, o II concurso de creación artísticas, a exposición de poesía diversa, o resultado final da terceira tarefa de mate-lengua de 1º ESO...
Todo quedou paralizado, invisible aos ollos. Pero hoxe máis que nunca debemos recordar as palabras de O principiño: "O esencial é invisible aos ollos".
Ás veces, a mirada superficial que temos da realidade impide que nos deamos conta de moitos dos detalles que pasan ao noso carón. É momento de deternos nestas cousiñas que pasan inadvertidas e que son fundamentais na nosas vidas.
O noso proxecto e a nosa Semana cultual son invisibles aos ollos, mais hai moitos detalles visibles día a día: a ilusión e o tempo que puxemos no seu deseño e desenvolvemento, os sonrisos e a complicidade na preparación de cada actividade, o entusiasmo de cada persoa que aceptou a nosa invitación, a entrega do alumnado que ía participar na feira do coñecemento... Grazas a todos e a todas por facer visible este proxecto e esta semana.

Comentarios