Na procura do código perdido

O 13 de marzo o tempo parou e tivemos que adaptarnos a vivir e a aprender dun xeito diferente. O alumnado de 1º ESO estabamos a traballar na nosa terceira tarefa "Na procura do código perdido". Desta vez tiñamos outra misión importante: deseñar un xogo para a Feira do Coñecemento da Semana Cultural. 

Pensabamos facer un SCAPE ROOM para os nosos compañeiros e compañeiras de 2º ESO. En matemáticas estabamos a traballar as ecuacións e os problemas de ecuacións, e en lingua castelá o texto narrativo. Así que o produto final sería a elaboración dun XOGO: narrativa, probas, personaxes, misións...



Tivemos que adaptar a nosa proposta ao confinamento. Decidimos seguir adiante e convertemos o noso produto final nun XOGO INTERACTIVO.

Cada aula traballou unha narrativa diferente: pensou unha misión, creou uns personaxes e deseñou probas distintas. O resultado foron BREAKHOUT nos que os participantes deberán acabar coa ira, co medo, ca tristeza ou coa soberbia.

  • 1º A: a ira
  • 1º B: o medo
  • 1º C: a tristeza
  • 1º D: a soberbia

Agora os destinatarios dos nosos BREAKHOUT sodes todos e todas os/as que queirades XOGAR.

Comentarios