MeteoValadares
Hoxe é un día moi especial para a nosa emisora de radio Onda Valadares. Esta mañá gravouse o primeiro programa de MeteoValadares, un espazo dedicado a dar o parte meteorolóxico semanal. 
O equipo encargado deste proxecto está composto por Arón, Irene, Derek, Mateo e Rodrigo, dirixidos por Anxela. Cada semana recollerán os datos na estación meteorolóxica do instituto.
Parabéns aos seis por este magnífico traballo!




Comentarios