Lendo do Galiñeiro: rematamos Mentira de Care Santos.

Deu para moito a reunión do primeiro grupo dos lectores de Mentira de Care Santos!


Falamos dos perigos de Internet, dos personaxes do libro, sobre todo de Eric, da súa situación familiar, de como acabou nun centro de menores...



Tamén falamos de mentiras. De mentiras grandes e pequenas, piadosas ou non tanto e de como algunha vez puidemos facer uso delas...Contarías unha mentira para obter un beneficio ou librarte dun castigo? Coa charla descubrimos unha cousa: os peor parados das nosas mentiras son sempre os/as nosos/as irmáns/irmás 😂😂

E que placer ter estar charla escoitando o piano en directo! Canto da de si o recreo na nosa biblioteca!

Comentarios