21 de marzo, Día Mundial da poesía


O Día Mundial da poesía nace co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética. É unha ocasión para:

  • Honrar aos poetas e poetisas.
  • Reivindicar tradicións orais de recitais de poesía.
  • Promover a lectura, a escritura, a ensinanza da poesía.
  • Fomentar a converxencia entre a poesía e as outras artes coma o teatro, a danza, a música e a pintura.
  • Aumentar a presenza da poesía nos medios.


Para conmemorar esta data o profesorado de linguas do centro propuxo gravar pequenos recitais de poesía en diferentes idiomas: poesía individual, poesía colectiva, poesía e música, creacións propias, poesía clásica, poesía actual, etc.

A intencionalidade é reivindicar a poesía como parte da nosa vida, rompendo barreiras e mitos, como unha forma de expresar como somos e como nos sentimos. Para iso partiremos de dúas premisas: poesía para calquera situación e poesía en calquera lugar.

Poesía para calquera situación
Para amores secretos.
Para amores imposibles.
Para amores perdidos.
Para apreciar o cotián.
Para os días tristes.
Para momentos de alegría.

...

Poesía para calquera lugar

Na casa, na rúa, na clase, na cafetería, na biblioteca, no patio...


Esta semana coñeceredes o resultado!


Moitas grazas a todas as persoas que participaron nesta iniciativa.

Feliz día da poesía!



Comentarios

Popular