Club de lectura

 


O luns 15 de marzo tivemos o pracer de compartir o segundo encontro do club de lectura de adultos coa escritora Moncha Fuentes, licenciada en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela.  Exerceu a docencia como profesora agregada e catedrática de Lingua Castelá e Literatura no IES Santa Irene de Vigo ata a xubilación.No ano 2018, publicou a novela O mar que nos leva que recibiu o Premio da Crítica de Galicia, 2019.

Ao principio do encontro, Moncha deleitounos coa lectura dun dos seus contos e despóis discurriu unha amena e familiar charla sobre a súa novela O mar que nos leva.

Grazas Moncha, grazas participantes, e invitámovos a todas/os a compartires con nós a próxima lectura.








Comentarios