Club de diversidade

 



O edadismo é definido pola Organización Mundial da Saúde (OMS) como os estereotipos, os prexuízos e a discriminación contra as persoas debido á súa idade". As propias persoas maiores definírono como "as accións directas ou indirectas polas que alguén é excluído, considerado diferente, ignorado ou tratado coma se non existise pola súa idade".

Este foi o tema de conversa na última reunión do Club de Diversidade. Falamos da discriminación e, sobre todo, do menosprecio que poden sentir as persoas maiores. Tamén comentamos as nosas relacións coas nosas avoas e avós, o trato que reciben ás veces nas residencias (tema do que soubemos moito máis a raíz das terribles consecuencias da COVID neste tipo de institucións) e tamén falamos de por que razón moitas persoas maiores acaban os seus días nunha residencia.


Comentarios